BUXAINAS 1

DATOS BÁSICOS

PREGUNTARÉDESVOS: QUE FAI UNHA CRÍA DE TIGRE NO METRO DE NOVA YORK TOWN HALL SQUARE? POIS ESTE É SÓ O ARRANQUE DESTE DESFILE DE SITUACIÓNS POUCO FRECUENTES, COMO OS RITUAIS REALIZADOS NUN PEQUENO POBO PESQUEIRO (O DÍA DO CARANGUEXO) OU UN HOME QUE VIVE NO SEU PISO CUNHA VACA (O MEU NOME É EDGAR E TEÑO UNHA VACA). POR SE NON FOSE SUFICIENTE, PENSADE O NOXENTO QUE SERÍA LANZARSE A DAR UN BICO (QUE NOXO!).

PREZOS

Este evento forma parte do programa Cinema Miúdo. Adquire o teu bono

DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS
• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl
• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).
Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

DE INTERESE

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.
Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.
Non se admiten cambios nin devolucións.