Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
Presentación
Auditorio do Milladoiro
Auditorio de Bertamiráns
Tanxarina, compañía de títeres, ofrécenos nesta montaxe teatral un espectáculo para lembrar. Nesta disparatada e trepidante comedia hai aventuras, cancións e moito humor co que a rapazada rirá ás gargalladas. A adaptación teatral da novela de Carlos Labraña é un canto á amizade e unha defensa dos libros, da lectura e da palabra escrita fonte a unha Intelixencia Artificial que quere acabar coa imaxinación e a fantasía.
2025-04-28 - 17:30:
CONVITES
• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl
• Nas casas da cultura do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles)