BERENGUELA NA GAIOLA

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

Nunha residencia da terceira idade traen de volta á Berenguela, una anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e gris. Representando Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, de Manuel María, as tres anciás atoparán a liberdade que crían perdida e a posibilidade de cambiar o mundo. Berenguela na gaiola é unha divertida e emotiva proposta para público familiar; unha coprodución de Galeatro e Xarope Tulú co Centro Dramático Galego e o Festival Internacional de Teatro de Carballo (FIOT) con dramaturxia e dirección de Paula Carballeira. A peza foi gañadora do IV Certame Manuel María de Proxectos Teatrais en 2025.

PREZOS

2026-03-06 - 18:00:

  • Reducida: 2,00 €
  • Xeral: 4,00 €
DE INTERESE

As entradas poderán adquirirse a partir do xoves 8 de xaneiro.

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Coa finalidade de facilitar a asistencia aos espectáculos e potenciar a participación establécese un prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos e a persoas menores de 12 anos, familias numerosas, mozos e mozas co carné xove e persoas demandantes de emprego.

(no control de accesos do Auditorio poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

 

 

Normas de organización e acceso ao recinto

 

• A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo. Unha vez comezado o espectáculo ninguén poderá acceder á sala.

• Solicítase a máxima colaboración para anticipar a hora de chegada e así evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

• As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.

• TODO o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme á cabida dos recintos. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.

• Non se admiten cambios nin devolucións.

• A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, e solicítase que na medida do posible se respecte esta recomendación de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.

• Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita do organizador; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e á lexislación vixente que corresponda.

 

+ info cultura@concellodemaes.gal

662377444