ANTES DE NÓS

  • Cine
DATOS BÁSICOS

Antes de nós' narra etapas pouco coñecidas da vida de Castelao, como a gripe de 1918 que o obrigou a volver exercer como médico ou a súa viaxe a Bretaña no ano 29, uns meses despois da perda do seu único fillo.

PREZOS

2025-11-07 - 20:00:

  • Prezo cine: 3,00 €
  • Prezo reducido: 1,50 €
DE INTERESE

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Na casa da cultura de Bertamiráns o mesmo día da película a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo da película.

Unha vez que empece a película ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo da proxección.

Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.

Non se admiten cambios nin devolucións.