AS ALUMNAS

CULTURACTIVA
Teatro
04-11-2022
Dirixido a público:
Lugar do espectáculo:
Casa da Cultura do Milladoiro
Evento cultural finalizado
As alumnas.jpg

As Alumnas non será o primeiro espectáculo  que afronte temas relacionados coa memoria histórica, mais si aportará un enfoque ben singular, poñendo o foco nunha figura imprescindible da nosa historia, María Barbeito,e na súa obra e legado. De igual xeito, confrontaremos dous modelos educativos e de sociedade, a segunda república e o franquismo, abordando teatralmente o enorme retroceso que supuxo, especialmente para as mulleres, o golpe militar de 1936

AS ALUMNAS TRATA SOBRE A FIGURA DA PEDAGOGA GALEGA MARÍA BARBEITO E SOBRE COMO O FRANQUISMO SIGNIFICOU UN ENORME RETROCESO NA EDUCACIÓN DO ESTADO, ESPECIALMENTE PARA AS MULLERES. A EDUCACIÓN, PEZA FUNDAMENTAL NO DESENVOLVEMENTO E NA LIBERDADE DAS PERSOAS, ESPECIALMENTE DAS MULLERES, É O EIXO FUNDAMENTAL DA OBRA. AS DÚAS PERSONAXES FEMININAS REPRESENTAN DOUS CASOS CONCRETOS DE MULLERES NO MARCO HISTÓRICO ANTERIOR E POSTERIOR Á GUERRA CIVIL, QUE NOS LEVAN A TOCAR AS TRANSFORMACIÓNS SOCIAIS DO MOMENTO. ELVIRA FONTAO E ROSA LIRES, ANTIGAS ALUMNAS DE MARÍA BARBEITO, VOLVEN ATOPARSE NA DATA DA MORTE DA MESTRA, NO ANO 1970. XA SON MULLERES. ATRÁS QUEDA A INFANCIA, O MUNDO QUE LLES ABRIU A MESTRA ANTES DE QUE O COMITÉ DE DEPURACIÓN A AFASTASE DO SEU TRABALLO NA ESCOLA.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura do Milladoiro
Duración: 
70 MINUTOS
Funcións: 
Venres, 4 de Novembro de 2022 20:30
Prezo das entradas e puntos de venda
Prezos: 
5€
Información da billeteira: 

2022-11-04 - 20:30:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

Share