Abónate á cultura en Ames

16 de Decembro de 2025

Os bonos culturais están esgotados.

A venda de entradas individuais comezará a partir do 8 de xaneiro.

cartel_bonos_esgotados_2025.jpg

Os bonos culturais son unha iniciativa da Concellería de Cultura para asistir a un conxunto de eventos culturais reservando un butaca concreta nos auditorios do Milladoiro e de Bertamiráns.

Cada bono custa 25 euros (aplicando un desconto do 50% do importe total das entradas) e permite asistir ás 10 funcións da programación de adultos para o primeiro semestre de 2026:

  • As gardiás
  • As formas do amor
  • Iribarne
  • Bio construcción
  • Sen lingua
  • Riazor ostia        
  • Alén
  • Artur ui, o ovo da serpe
  • Variedades pistacatro
  • Ictus (a derradeira leición de anatomía do Dr. Castelao)

Hai 50 bonos culturais dispoñibles na Billeteira de Ames. Poñeranse á venda dende o luns 15 de decembro de 2025 ata o mércores 7 de xaneiro de 2026 (ou fin de existencias). A partir do día 8 de xaneiro de 2026 ás 12:00 poderanse mercar as entradas individuais para cada evento.

 

O proceso de adquisición dos bonos é moi sinxelo. 

1. Diríxete ao panel interno co teu usuario rexistrado (Acceso á Billeteira).

2. Selecciona no menú lateral esquerdo a opción Compra de bonos.

3. Selecciona o número de bonos que desexes mercar e as butacas que reservas (as butacas sempre serán as mesmas para os 10 eventos culturais tanto no Auditorio do Milladoiro como de Bertamiráns).

4. Realiza o pago do Bono que che permitirá asistir aos 10 eventos culturais.

5. Unha vez adquirido o bono cultural recibirás no teu correo electrónico a entrada de bono cultural, que che servirá para asistir aos 10 eventos, usando a mesma entrada para todos eles.

Teatro