GRAN GALA MÁXICA INTERNACIONAL. FUSIÓN MÁXICA

  • Maxia
DATOS BÁSICOS

Sen dúbida o prato forte do festival. Unha xuntanza dos magos máis premiados do momento. Maxia de diferentes estilos e procedencias para crear un espectáculo único.

Presenta, Dani Polo (Galicia)

Actúan: David Díaz (Madrid), Cástor & Pólux (Valencia), Mirko Callaci (Arxentina) e Mag Marín

PREZOS

2026-10-24 - 17:00:

  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
  • 2026-10-24 - 19:30:
  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
  • 2026-10-25 - 17:00:
  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
  • 2026-10-25 - 19:30:
  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Na casa da cultura onde terá lugar o evento o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

 

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.

Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.

Non se admiten cambios nin devolucións.