Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
Presentación
Auditorio do Milladoiro
Auditorio de Bertamiráns
Tes medo de quedar atrás no moderno mundo dixital? Hai demasiadas cousas novas que non controlas? Vai todo tan rápido que nin te decatas do que pasa? Non te preocupes! A nosa excelente Intelixencia Artificial axudarache a triunfar nesta era das pantallas. Ela dirache o que tes que facer, como tes que comportarte, o que debes desexar e como facer para conseguilo. Ti non te preocupes! Xa non terás que pensar nunca máis! O grupo da Escola Municipal de teatro de Ames crea esta comedia sobre as dificultades do mundo moderno: exposición pública, timos, presións nas redes... Unha reflexión cómica e paródica feita desde o escenario para tomarnos con moito humor os cambios dos novos tempos.
2026-06-05 - 20:30:
CONVITES
• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl
• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles)