Leti da Taberna e Irene Medín

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

LETI DA TABERNA non descobreu que nas tabernas é onde o inxenio brilla e onde se di o que nos se pode dicir no parlamento. Iso xa se sabía. O que descobre Leti é o camiño que leva da Taberna a Tik-Tok. Grazas a ela toda a ironia e a retranca da muller galega espállase polo espazo virtual con tecnoloxía chinesa. No monólogo “Enredada” explota os métodos para usar as redes sen converterse en peixe para carnada. Desde o seu debut no Rei da Comedia , que se converteu en raiña por causa dela, triunfa Leti na radio, nas plataformas e nas tabernas de verdade. Ela cre no traballo curativo do humor, como boa sanitaria que é . *Ábrelle o telón IRENE MEDIN. Uña muller da terra de Bergantiños, que sempre foi tan fértil en enxeños e brincadeiras, actualiza o necesario que é o humor é para a supervivencia, como o é a auga para a navegación. Con unha forma distinta de ver as cousas, converte o malo en bo coa vara máxica do humor. Cansada de ligar pipiolos nas discos e de coleccionar multas na moto, Irene lanzouse ao monólogo. ”Mestura humor, falsa ciencia, experiencias persoais e reflexións absurdamente lóxicas sobre o corpo, o sexo, a maternidade e as cousas raras que pasan cando che convertes en feliz divorciada”, por dicilo coas súas palabras.

PREZOS

2026-05-23 - 21:00:

  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Na casa da cultura onde terá lugar o evento o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

 

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.

Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.

Non se admiten cambios nin devolucións.