Marita Martínez e Carla Mañas

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

MARITA MARTÍNEZ é estrela da TV e do escenario, tanto lle ten a Marita estar nun bar de Cerceda que no Scala de Milán, aínda que prefire o bar porque lle pagan o caché completo. Actriz premiada con texto aprendido,tamén brilla nos improvisos e ten espallado a arte da impro polas mellores salas do pais…e polas peores. No Castelo Conta que é a capital do humor falado brillou con luz propia. Marita presenta desta volta as memorias da súa avoa, de onde lle ven esa mirada do mundo que sempre nos sorprende. O distintos que eran os vellos tempos dos actuais, ou o iguais. Ten o record do mundo de ir do Instagram á lareira en microfraccións de segundo. *Ábrelle o telón CARLA MAÑAS. Uña figura ascendente desde as cloacas do stand up e do xornalismo. Presume de ser It Girl e máis maleta persoa, máis a crítica afirma que é moi doce e moi riquiña para amolala. Ela sae á escena empuñando o látigo do sarcasmo, pero ás veces pégase a si mesma, e o público ri. O seu espectáculo Súper Freak, co que trunfa no estranxeiro, é escuro , raro e incómodo. E non o din os Avogados Cristianos, dío ela.

PREZOS

2026-05-22 - 21:00:

  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Na casa da cultura onde terá lugar o evento o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

 

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.

Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.

Non se admiten cambios nin devolucións.