RONDALLAS

  • Cine
DATOS BÁSICOS

Dous anos despois do tráxico naufraxio dun pesqueiro que sacudiu un pequeno pobo mariñeiro galego, os seus habitantes deciden recuperar a ilusión e deixar o loito atrás. Por iso únense para poñer en marcha a rondalla, unha agrupación de música tradicional con xente de todas as idades, coa intención de competir contra os pobos veciños e empezar a mirar cara adiante.

PREZOS

2026-04-09 - 20:00:

  • Prezo cine: 3,00 €
  • Prezo reducido: 1,50 €
DE INTERESE

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Na casa da cultura do Milladoiro o mesmo día da película a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo da película.

Unha vez que empece a película ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo da proxección.

Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.

Non se admiten cambios nin devolucións.