MOFA E BEFA: OS DOUS DE SEMPRE. O REGRESO

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

Moita xente, cando escoita a expresión “Os Dous de Sempre”, no primeiro que pensa é en Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal. O duo cómico fundado hai trinta anos por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son parte do fecundo rio do humor galego que ten a sua fonte nos bufón e no escarño medievais, e ao que tamén pertence o humor de Castelao. Mofa e Befa pertencen á estirpe dos pallasos de circo, dos artistas do cinema mudo, dos canallas do cabaret. Agora decídense a encarnar duas personaxes de papel, concebidos por un humorista gráfico: Os Dous de Sempre. Pedriño e Rañolas son contradictorios, extremos, antagónicos, polarizados…mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pancista pusilánime (unha forma do materialismo)

PREZOS

2025-10-31 - 20:30:

  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Na casa da cultura onde terá lugar o evento o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

 

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.

Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.

Non se admiten cambios nin devolucións.