SOLEDAD FELLOZA E MATÍAS CUBILLA

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

SOLEDAD FELLOZA Leva trinta anos a pisar os escenarios como actriz, narradora oral e monologuista por festivais de América, Europa e África. Está en condicións de gañar ao Trivial ao presidente da Real Academia Galega. Confecciona os seus shows con historias que lle conta quen nunca foi escoitada, sobre todo, mulleres de vidas extraordinarias e silenciadas. Nesta ocasión aparecerán algunhas historias coas que desembarcou en Europa: de sexo e de fútbol e de apps. MATÍAS CUBILLA Arxentino de nacemento, galego de adopción e cómico por vocación. É un artista cun gran amor pola comedia, que navegou entre distintos formatos ata atopar o seu sitio no stand-up. A pesar de que o feedback directo do público é o que máis desfruta, encántalle probar cousas novas á hora de facer rir, dende fanzines e vídeos ata botarlle demasiada sal á comida cando hai visitas. O seu humor basease no absurdo e na busca do surrealismo no cotián.

Nesta sesión contaremos cunha intérprete en lingua de signos.

 

PREZOS

2025-05-25 - 20:00:

  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

 

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.

Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.

Non se admiten cambios nin devolucións