Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
Presentación
Auditorio do Milladoiro
Auditorio de Bertamiráns
AQUÍ CHEGA O MOMENTO QUE TODOS ESPERABAS, O CARNAVAL DOS ANIMAIS. NESTA QUENDA ASOMARANSE Á PANTALLA CRIATURAS MARIÑAS PEIXE GLOBO, O GRAMÓFONO E UNHAS ENTRAÑABLES CRIATURAS FANTÁSTICAS PELUXE. MAIS CAVILADE NO FERMOSAS QUE PODEN CHEGAR A SER ESTACIÓNS COMO O OUTONO CAÍDA DA FOLLA E O INVERNO PEZUÑOS SOBRE PATÍNS
Este evento forma parte do programa Cinema Miúdo. Adquire o teu bono
VENDA DE ENTRADAS • A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl • Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles). Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).
A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo. Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo. Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non se admiten cambios nin devolucións.