Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
Presentación
Auditorio do Milladoiro
Auditorio de Bertamiráns
CON 14 ANOS, ANTOINE DOINEL VÉSE NA OBRIGA NON SÓ DE SER TESTEMUÑA DOS PROBLEMAS DE PARELLA DOS SEUS PAIS SENÓN TAMÉN A SOPORTAR AS ESIXENCIAS DUN SEVERO PROFESOR. UN DÍA, ASUSTADO PORQUE NON CUMPRIU UN CASTIGO IMPOSTO POLO MESTRE, DECIDE NON ASISTIR A CLASE. A COINCIDENCIA FAI QUE VEXA Á SÚA NAI CON OUTRO HOME. ANTOINE, ESGOTADO POLA CULPA E O MEDO, SÓ QUERE DEIXAR TODO ATRÁS E COÑECER O MAR.
AS PROXECCIÓNS SERÁN EN VERSIÓN ORIXINAL SUBTITULADA E NESTA OCASIÓN CONTAREMOS CO ESCRITOR DIEGO AMEIXEIRAS QUE FARÁ UN PEQUENO COLOQUIO AO FINALIZAR O FILME PARA PROFUNDIZAR NOS ASPECTOS MÁIS RECHAMANTES DA OBRA AUDIOVISUAL. AO COMENZÓ TAMÉN HABERÁ UNHA PEQUENA PRESENTACIÓN PARA ORIENTAR AO PÚBLICO CUN PAR DE CLAVES SOBRE O FILME ANTES DA PROXECCIÓN.
2024-04-11 - 20:00: PREZO CINE: Desde 3,00 € hasta 3,00 € PREZO REDUCIDO: Desde 1,50 € hasta 1,50 €
• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl • Na casa da cultura do Milladoiro o mesmo día da película a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles). Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade). A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo da película. Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo da proxección. Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non se admiten cambios nin devolucións.