ÚLTIMO VERÁN EN SANTA CRISTINA

TEATRO DO NOROESTE
Teatro
26-01-2024
Dirixido a público:
Adulto
Lugar do espectáculo:
Casa da Cultura de Bertamiráns
Evento cultural finalizado
ULTIMO VERAN EN SANTA CRISTINA.jpg

Para o protagonista, agora un adulto, a lectura das cartas da súa nai e os recordos non moi precisos que aínda conserva daqueles anos do franquismo, vanlle descubrindo as relacións triangulares da súa nai, o seu pai e o partisano que, inevitablemente, rematarán en traxedia

ESTA PROPOSTA CONTA O ACONTECIDO A UN RAPAZ DE 12 ANOS QUE, NO ANO 1960, PASA O SEU ÚLTIMO VERÁN NUNHA PRAIA PRETO DA CIDADE NA QUE VIVE. MOITOS ANOS DESPOIS, CANDO XA É UN HOME ADULTO RECIBE UNHAS CARTAS SUPOSTAMENTE PROPIEDADE DA SÚA NAI XA MORTA E, NA LECTURA DESTAS CARTAS, REMEMORA O ACONTECIDO AQUEL VERÁN. COMO ADEMAIS É FILLO DE MILITAR, O RAPAZ VIVE ESPECIALMENTE OS ACONTECEMENTOS DA SOCIEDADE FRANQUISTA DA ÉPOCA: OS DESFILES NA PRAZA DA CIDADE QUE COINCIDEN COA ESTANCIA DE FRANCO NO PAZO DE MEIRÁS, A POUCOS QUILÓMETROS DE ONDE EL VERANEA. ENTRE OS SEUS PROPIOS RECORDOS, MOI ESCORADOS NAS LEMBRANZAS RELACIONADAS CO SEU PASO DE NENO A ADULTO, E AS CARTAS AGORA COÑECIDAS VAI DESCUBRINDO A RELACIÓN DA SÚA PROPIA NAI, A MULLER DO MILITAR, CUN ANTIGO AMIGO DA XUVENTUDE, AGORA FUXIDO E ENROLADO NA ÚLTIMA PARTIDA DE GUERRILLEIROS ANTIFRANQUISTAS QUE AÍNDA FICA ACTIVA EN GALICIA NESE ANO DE 1960

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura de Bertamiráns
Duración: 
95 MINUTOS
Funcións: 
Venres, 26 de Xaneiro de 2024 20:30
Prezo das entradas e puntos de venda
Prezos: 
5€
Información da billeteira: 

2024-01-26 - 20:30:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

Share