Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
Presentación
Auditorio do Milladoiro
Auditorio de Bertamiráns
HELENA É UNHA DOUTORA DE PRESTIXIO INTERNACIONAL QUE REGRESA Á VILA NATAL PARA COMEZA UNHA NOVA ETAPA XUNTO AO SEU COMPAÑEIRO. EMBARAZADA DE CINCO MESES, AFRONTA O SEU NOVO ESTADO COA ILUSIÓN POR UN NOVO PROXECTO PROFESIONAL , UN BALNEARIO QUE ELA MESMA DESEÑOU E QUE SE PRESENTA COMO UN ALTERNATIVA TURÍSTICA SOSTIBLE E SAUDABLE. A INESPERADA CONTAMINACIÓN DAS AUGAS DA ZONA E A SÚA LOITA POR PRESERVAR A SAÚDE DA POBOACIÓN FRONTE AOS INTERESES ECONÓMICOS VANA COLOCAR NO PUNTO DE MIRA DA VECIÑANZA QUE VE COMO SE PON EN RISCO A PROSPERIDADE PARA TODA A COMUNIDADE
2024-01-19 - 20:30: REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 € XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €
VENDA DE ENTRADAS • A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl • Nas casas da cultura do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles). Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).
DE INTERESE A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo. Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo. Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non se admiten cambios nin devolucións.