10 DE MARZO

ARTHUR GORDON S.L
Cine
23-11-2022
Dirixido a público:
Adulto
Lugar do espectáculo:
Casa da Cultura de Bertamiráns
Evento cultural finalizado
CARTEL PROXECCIÓN CONCELLO DE AMES_10 DE MARZO.jpg

A raíz da negociación do convenio da Bazán Ferrol miles de traballadores do estaleiro saen en manifestación o 10 de marzo de 1972 á mañá polo centro da cidade. En plena ditadura, a Policía Armada tenta interceptar a marcha, e ante a resistencia dos obreiros dispara sobre a manifestación, co  resultado de ducias de feridos de bala e dous traballadores mortos: Daniel Niebla e Amador Rey.

O FILME ABORDA TODO O PROCESO DE PENETRACIÓN DAS COMISIÓNS OBREIRAS E DO PARTIDO COMUNISTA DENTRO DO ESTALEIRO BAZÁN, AS TENSIÓNS NA NEGOCIACIÓN DO CONVENIO, OS ACONTECEMENTOS DOS DÍAS 9 E 10 DE MARZO E A REPERCUSIÓN INTERNACIONAL DOS MESMOS, ASÍ COMO O CHAMADO “PROCESO DOS 23” NO QUE OS PRINCIPAIS DIRIXENTES OBREIROS FORON XULGADOS TRES ANOS MÁIS TARDE. MERGULLANDO AO ESPECTADOR NUN RELATO TAN TREPIDANTE COMO EMOTIVO, 10 DE MARZO RECONSTRÚE A TRAVÉS DE ENTREVISTAS COS PROTAGONISTAS, MATERIASL DE ARQUIVO AUDIOVISUAL INÉDITO E FICCIÓNS DE ÉPOCA, UNS FEITOS QUE SUPUXERON UN PUNTO DE INFLEXIÓN NA SOCIEDADE GALEGA NO SEU ENFRONTAMENTO COA DITADURA .

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura de Bertamiráns
Duración: 
80 MINUTOS
Funcións: 
Mércores, 23 de Novembro de 2022 20:00
Prezo das entradas e puntos de venda
Prezos: 
0€
Información da billeteira: 

2022-11-23 - 20:00:
CONVITE: Desde 0,00 € hasta 0,00 €

Share