ROSALÍA. O LUGAR ONDE MEDRAN AS POETAS

CULTURACTIVA
Teatro
17-02-2022
Dirixido a público:
Familias
Lugar do espectáculo:
Casa da Cultura de Bertamiráns
Evento cultural finalizado
CartelBertamirans_A3_V1.jpg

María Rosalía Rita tamén foi nena. As biografías non o contan, pero unha das grandes voces literarias da historia tamén foi nena e foi nena que cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.

ESTA ROSALÍA É UNHA OBRA DE MULLER PENSADA PARA NENAS E NENOS DE PRIMARIA -E PARA AS SÚAS FAMILIAS E DOCENTES- POR UNHA EQUIPA DE MULLERES INTENSAMENTE VENCELLADAS AO TEATRO DE PALABRAS PARA ESPECTADORAS E ESPECTADORES QUE VIVEN NO PAÍS DA INFANCIA. DIRIXE A PEZA ACTRIZ E DIRECTORA FINA CALLEJA, LIGADA Á PREMIADA COMPAÑÍA SARABELA E RESPONSABLE DE MOITAS DAS SÚAS MONTAXES INFANTÍS E XUVENÍS. DÚAS ACTRICES FORMAN O REPARTO, ROCÍO GONZÁLEZ E CRISTINA COLLAZO, AS DÚAS IMPRESCINDIBLES NOS ÚLTIMOS ANOS NOS ESCENARIOS MÁIS VARIADOS E NAS PANTALLAS DA TELEVISIÓN E DO CINE DE GALICIA.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura de Bertamiráns
Duración: 
60 MINUTOS
Funcións: 
Xoves, 17 de Febreiro de 2022 18:00
Prezo das entradas e puntos de venda
Prezos: 
0€
Información da billeteira: 

2022-02-17 - 18:00:
CONVITE: Desde 0,00 € hasta 0,00 €
2022-02-17 - 18:00:
CONVITE: Desde 0,00 € hasta 0,00 €

Share