PRESIDENTE

Teatro
19-02-2016
Dirixido a público:
Adulto
Lugar do espectáculo:
Casa da Cultura de Bertamiráns
Evento cultural finalizado
PRESIDENTE.jpg

En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, O PRESIDENTE visitará persoalmente aos votantes nas súas casas para convencelos de que o voten

En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o PRESIDENTE do goberno e os seus asesores deciden tomar unha iniciativa desesperada: o PRESIDENTE visitará persoalmente aos votantes nas súas casas para convencelos de que o voten. Distintas familias recibirán nas súas casas, sen previo aviso, a inesperada visita do PRESIDENTE: unha familia humilde en situación crítica cos seus membros en paro, unha familia ultraconservadora preocupada pola perda dos valores tradicionais, ou unha familia monoparental antisistema escoitarán de súpeto como soa o timbre da súa porta e diante deles aparece o PRESIDENTE disposto a convencelos de que a súa opción é a mellor. Conseguirá o PRESIDENTE o voto de xente tan variada, darlle a volta ás enquisas e continuar gobernando outros catro anos?. Coñecerán o resultado das eleccións ao final desta comedia electoral de manipulación política: PRESIDENTE.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura de Bertamiráns
Duración: 
80 minutos
Funcións: 
Venres, 19 de Febreiro de 2016 21:00
Prezo das entradas e puntos de venda
Prezos: 
O prezo das entradas é de 5.00 €
Información da billeteira: 

XERAL: 5€

REDUCIDA:2,50

VENTA DE ENTRADAS: En liña en concellodeames.gal ou na taquilla unha hora antes da función.

 

Share