DÚAS DONAS QUE BAILAN

Evento cultural finalizado
TEATRO DO ATLÁNTICO
Teatro
22-11-2019
Dirixido a público:
Adulto
duas donas que bailan.jpg

Benet i Jornet  fainos compartir o drama, os soños e os fracasos das súas complexas personaxes nunha viaxe intensa, brutalmente divertida, conmovedora, plena de beleza dramática e iluminada pola inmensa humanidade que dúas mulleres agochan baixo a férrea armadura de ironía e dureza coa que intentan defenderse dos implacábeis embates da sociedade insensíbel e cruel na que lles tocou habitar; a mesma sociedade na que habitamos nós.

UNHA MULLER MAIOR, VIÚVA, QUE SOÑA CUNHA VIAXE A PARÍS, RESÍSTESE A ABANDONAR O ESFARELADO PISO NO QUE HABITA, MALIA AS PRESIÓNS DOS FILLOS E TAMÉN DA AXENCIA PROPIETARIA DO INMOBLE. TODOS ELES TEÑEN OUTROS PLANS PARA A VIVENDA. A FILLA, EN TANTO NON CONSEGUE QUE A NAI MUDE DE ACTITUDE, CONTRATA UNHA MULLER PARA QUE VAIA FACER OS LABORES DOMÉSTICOS NA CASA DÚAS VECES POR SEMANA. A MULLER CONTRATADA É UNHA PROFESORA DE LINGUA E LITERATURA, DE MEDIANA IDADE, OBRIGADA POLAS CIRCUNSTANCIAS A ACEPTAR O TRABALLO. O SEU CARÁCTER CONTESTATARIO É PARELLO AO DA VELLA, OUTRORA UNHA MULLER REBELDE E ACTIVISTA. A PRESENZA DA CONTRATADA NON É BEN RECIBIDA E CADA XORNADA CONVÉRTESE NUN INQUIETANTE E POR VECES TRAXICÓMICO ENFRONTAMENTO.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura do Milladoiro
Duración: 
85 MINUTOS
Funcións: 
Venres, 22 de Novembro de 2019 21:00
Prezo das entradas
Prezos: 
5
Puntos de venda
Información da billeteira: 

2019-11-22 - 21:00:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

De interese
Venda de entradas na billeteira electrónica en concellodeames.gal ata dúas horas antes da función. O 10 % do aforo do auditorio poderá mercarse na Casa da Cultura desde unha hora antes do comezo da función. Entrada reducida para maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné. Máximo 4 entradas por persoas.