Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
Presentación
Auditorio do Milladoiro
Auditorio de Bertamiráns
A DANZA, O HUMOR, A MESTURA A DE LINGUAXES ESCÉNICAS QUE SE ACHEGAN AO TEATRO E AO CIRCO, A INTERACCIÓN CO PÚBLICO E A PROXIMIDADE , XERAN NAS SÚAS CREACIÓNS UNHA ATMOSFERA PARTICULAR DO COTIÁ, DO NATURAL E DO COMÚN QUE SE COMPARTE NA ESCENA. SOFÁ É UNHA SITCOM DE DANZA, TEATRO E CIRCO QUE FALA DUNHA PARELLA. MARTA E PABLO SON DOUS CUS INQUEDOS, A PARELLA QUE PODO COÑECER QUE MENOS USA O SOFÁ. MARTA E PABLO CREN QUE VAN SOLUCIONAR OS SEUS PROBLEMAS DE DESCONEXIÓN FACENDO O EXERCICIO DE BAILAR XUNTOS CUN SOFÁ. PORQUE O SOFÁ É O LUGAR ONDE SE ATOPAN AS PARELLAS AO FINAL DO DÍA PARA ESTAR XUNTAS, VER UNHA PELI OU DESCANSAR. SERÁ QUE O LOGRARÁN?
2024-04-05 - 20:30: REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 € XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €
VENDA DE ENTRADAS • A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl • Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles). Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).
DE INTERESE
A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo. Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo. Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non se admiten cambios nin devolucións.