Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
Presentación
Auditorio do Milladoiro
Auditorio de Bertamiráns
UNHA MULLER TOMA A PALABRA E PROCLÁMASE POSUIDORA DA SÚA LIBERDADE. DECLARA, DESAFIANTE, NON SOMETERSE ÁS REGRAS DA ARTE NO EXERCICIO DA SÚA ACTIVIDADE CREATIVA, NIN ACATAR MANDATOS DOS SEUS IGUAIS. DECLARA O SEU AMOR POLA LITERATURA, A POESÍA E A LINGUA DO SEU PAÍS; O SEU RESPECTO E ADMIRACIÓN POLAS ESCRAVIZADAS MULLERES DO SEU POBO; E EXPRESA A SÚA SOLIDARIEDADE E A SÚA DOR POLAS MISERÁBEIS CONDICIÓNS DE VIDA QUE AQUELAS TEÑEN QUE SOPORTAR. DENUNCIA O ESPOLIO DO PATRIMONIO FORESTAL, A TRAXEDIA DA EMIGRACIÓN Á QUE SE VEN OBRIGADOS CENTOS DE MILES DE COMPATRIOTAS PARA PODER SOBREVIVIR, ELES E AS SÚAS FAMILIAS, Á FAME E Á MISERIA. E CLAMA CONTRA O SILENCIO QUE TODO O ENVOLVE. MULLER. FILLA DE NAI SOLTEIRA. E DE PAI CURA. ESCRITORA. E POETA. GALEGA DE PENSAMENTO LIBRE. LIBRE COMA OS PAXAROS. CHÁMASE MARÍA ROSALÍA RITA DE CASTRO
2022-02-18 - 20:30: REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 € XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €
Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego
(no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa de cada caso).
A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo. Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo. Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non se admiten cambios nin devolucións.