Termos de uso e política de privacidade

 

INFORMACIÓN XERAL SOBRE OS CONTIDOS PUBLICADOS

O Concello de Ames , a través do dominio http://www.concellodeames.gal  facilita información no ámbito da cultura e dos eventos culturais organizados por Concello.

Así mesmo, o Concello de Ames non asume responsabilidade algunha en relación co material incluído nestas páxinas. Tal material consiste únicamente en información pública de carácter xeral, non ofrece necesariamente información completa, exacta ou actualizada. En ningún caso poderá ser vinculante para a resolución dos procedementos administrativos que estivesen suxeitos exclusivamente á normativa que lle sexa de aplicación.

O Concello de Ames non se fai responsable do acceso ou uso dos contidos. Do mesmo xeito o Concello de Ames non se fai responsable dos acceso e contidos que aparezan nas ligazóns a outros dominios que se inclúen no dominio http://www.concellodeames.gal

Toda a información contida nos dominios http://www.concellodeames.gal poderá ser modificada e actualizada polo Concello de Ames sen necesidade de aviso previo.

O Concello de Ames pon a dispor dos usuarios da web un enderezo de correo electrónico (correelectronico@ames.gal) para que poidan manifestar as súas queixas e comentarios en relación cos contidos e informacións que se faciliten a través da web, que serán debidamente atendidos corrixindo de xeito inmediato aquelas situacións que representen un prexuízo, non respondan á verdade e supoñan ofensa para persoas ou colectivos.

 

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, co Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro polo que se aproba o regulamento que a desenvolve e coa Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico (LSSI-CE), informámoslle que os datos solicitados do portal web de adquisición e venda de entradas serán tratados nun ficheiro denominado "Administración", que se atopa convenientemente rexistrado na Axencia Española de Protección de Datos, o responsable do cal é o Concello de Ames.

Ao pulsar en calquera dos seguintes botóns: "O meu perfil", "Crear o meu perfil" ou "Mercar entradas" ou ao solicitar información por calquera outro medio facilitado nesta web, vostede adquire a condición de usuario de www.concellodeames.org e, por iso, consente expresamente o tratamento dos seus datos solicitados por parte de Concello de Ames e tamén consente nas posibles comunicacións ou cesións de datos que fosen necesarias para as finalidades que se expoñen nos seguintes parágrafos.

O acceso a este sitio web e o seu uso é responsabilidade exclusiva do usuario e asegura que é maior de idade ou que ten máis de 14 anos de idade e que conta co permiso dos seus pais ou titores, se iso fose necesario, para solicitar información e/ou algún dos produtos ou servizos ofrecidos polo portal web de adquisición e venda de entradas de eventos culturais.

Todos os datos solicitados, indicados cun asterisco, son obrigatorios e necesarios para cumprir coa petición do usuario. Se vostede non facilita algún destes datos ou os facilita de forma incorrecta, poderá seguir navegando pola web e gozar da información xenérica que se atopa nela, pero non será posible atender con eficacia á súa petición.

As finalidades polas que se recollen os seus datos son:

Xestionar o envío, control e seguimento da adquisición dunha ou varias entradas para eventos culturais realizada por vostede, así como calquera outro aspecto necesario para o bo fin da relación comercial.
Facilitarlle aquela información específica que vostede solicitase e informarlle periodicamente dos eventos culturais que realiza o Concello de Ames, que sexan similares aos solicitados ou que poidan ser do seu interese, mediante correo electrónico ou a través doutros medios de comunicación electrónica equivalentes.
Levar a cabo enquisas de satisfacción, estudos internos e informes para mellorar os nosos servizos segundo as preferencias dos usuarios.

Infórmase ao usuario que os consentimentos aos que se refiren os parágrafos anteriores son sempre revocables e que pode exercer os dereitos de acceso aos seus datos contidos no ficheiro, de rectificación ou de cancelación dos mesmos e de oposición ao tratamento deses datos, mediante unha simple comunicación escrita e asinada, expresando o que desexa e achegando copia do seu D.N.I. ou outro documento identificativo equivalente, dirixida ao correo electrónico ___________, ou por correo postal a:

Protección de Datos Persoais

  • Listado 1
  • Listado 2
  • Listado 3
Titulo H5
Titulo H6

Listado numerico

  1. Lista número 1
  2. Lista número 2
  3. Lista número 3

O Concello de Ames garante que todos os datos serán tratados con estrita confidencialidade e segredo, que cumpre integramente coas medidas de seguridade dispostas pola lexislación de protección de datos de carácter persoal, que non se realizarán transferencias internacionais dos seus datos e que os datos serán cancelados cando se estime que deixaron de ser necesarios.