RETRINCOS DE CASTELAO

Teatro
12-05-2017
Dirixido a público:
Adulto
Lugar do espectáculo:
Casa da Cultura de Bertamiráns
Evento cultural finalizado
RETRINCOS DE CASTELAO.jpg

Os cómicos Isabel Risco e Fran Rei fan un divertido percorrido polo traballo de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, figura fundamental da nosa historia. Empregando un humor ácedo, os dous actores reinterpretan a obra do intelectual de Rianxo, achegándonos a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo.

RETRINCOS DE CASTELAO OFRÉCENOS O MOSAICO DUNHA REALIDADE GALEGA ATEMPORAL, QUE NOS ANTECEDE E NOS OUTORGA RAÍCES. A TRAVÉS DUN OLLO DE VIDRO QUE DÁ NOVA FORMA Á REALIDADE, PODEREMOS SER QUEN DE PRESENCIAR A VIDA DOS HOMES E MULLERES QUE HABITARON ESTA TERRA. GRAZAS A ESE OLLO SEREMOS QUEN DE COMPRENDER REALMENTE A NOSA HISTORIA E O NOSO PRESENTE.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura de Bertamiráns
Duración: 
60
Funcións: 
Venres, 12 de Maio de 2017 21:00
Prezo das entradas e puntos de venda
Prezos: 
2€
Información da billeteira: 

2017-05-12 - 21:00:
REDUCIDA: Desde 1,00 € hasta 1,00 €
XERAL: Desde 2,00 € hasta 2,00 €

Share