O VALO

Teatro
20-04-2018 / 20-04-2018
Dirixido a público:
Infantil
Lugar do espectáculo:
Casa da Cultura de Bertamiráns
Evento cultural finalizado
o valo.jpg

A partir do marabilloso texto de Carlos Labraña, merecedor do IX Premio Manuel María Literatura Dramática Infantil, O Valo está dirixido por Iván Prado e posto en escena por Saleta Fernández e Fran Rei.

“A xente morre mentras os gobernos gastan miles de millóns en controlar as fronteiras” (Amnistía Internacional)

Ante esta situación, Pallasos en Rebeldía – entidade de cooperación internacional a través das artes e con ampla traxectoria en zonas de conflito – decide crear e producir este espectáculo, coa crise das persoas refuxiadas de fondo, para convidar ao público infantil a reflexionar e tomar conciencia sobre esta problemática que está a se enquistar nas nosas fronteiras.

O VALO FALA DO ENCONTRO DE DOUS MUNDOS, DÚAS REALIDADES, DÚAS CONSCIENCIAS ENCARNADAS EN DOUS PERSONAXES BEN DISTINTOS: O SOLDADIÑO DE CHUMBO E SAHARA, A ROSA DO DESERTO. UN ENCONTRO A AMBOS OS DOUS LADOS DUNHA FRONTEIRA QUE NON SÓ SEPARA A CIVILIZACIÓN DO BALEIRO, SENÓN QUE ABRE UNHA FERIDA NO CORAZÓN DA HUMANIDADE. FRONTE AO PENSAMENTO PATÉTICO E TORPE DO SOLDADIÑO DE CHUMBO, QUE OBEDECE ORDES DOS SEUS SUPERIORES DESDE A FE CEGA NO QUE SEMPRE LLE DIXERON QUE TIÑA QUE FACER, OPONSE A SENSIBILIDADE DE SAHARA, UNHA RAPAZA QUE FOXE DA GUERRA E QUE RECIBIU TANTOS PAUS NA VIDA QUE XA POUCAS COUSAS PODEN DETELA. A FORZA E A DIGNIDADE DESTA NENA REFUXIADA FARÁN REFLEXIONAR AO PÚBLICO EN CONTRASTE CO SOLDADO, CUXO CORAZÓN SE DEBATE ENTRE A OBEDIENCIA, QUE MESMO LLE PODE LEVAR A MATAR EN NOME DUNHA PATRIA, E A FRATERNIDADE QUE LLE IMPULSA A ROMPER TODOS OS VALOS.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura de Bertamiráns
Duración: 
55 MINUTOS
Funcións: 
Venres, 20 de Abril de 2018 18:00
Venres, 20 de Abril de 2018 12:30
Prezo das entradas e puntos de venda
Prezos: 
4€
Información da billeteira: 

2018-04-20 - 18:00:
REDUCIDA: Desde 2,00 € hasta 2,00 €
XERAL: Desde 4,00 € hasta 4,00 €
2018-04-20 - 12:30:
REDUCIDA: Desde 2,00 € hasta 2,00 €
XERAL: Desde 4,00 € hasta 4,00 €

Share