O MEU MUNDO NON É DESTE REINO

Evento cultural finalizado
TEATRO DA RAMBOIA
Teatro
06-03-2020
Dirixido a público:
Adulto
o meu mundo non é deste reino.jpg

O MEU MUNDO NON É DESTE REINO, É UNHA ADAPTACIÓN DA "FARSA DE BULULÚ" DE MANUEL MARÍA, UNHA PARODIA DA DITADURA FRANQUISTA. A RECUPERACIÓN DO TÍTULO ORIXINAL DA OBRA SERVE PARA PROXECTAR ESTE LAIO SILENCIADO NO SEU DÍA. HOXE, ENCABEZA O ESPECTÁCULO DE NOVO PARA FACER FRONTE A UN PASADO QUE INSISTE EN REPETIRSE. UNS FEIRANTES CHEGAN AO QUE CHAMAN FOGAR LOGO DUN DÍA DE TRABALLO. SON CAMILO E TOMÁS, DOUS TITIRITEIROS QUE LEVAN O MESMO ESPECTÁCULO UNHA E OUTRA VEZ POLAS VILAS DO PAÍS. CARRETAN ÁS COSTAS UN ENORME "TUTILIMUNDI". A DISXUNTIVA DE ABRILO CONVÉRTEO NUNHA CAIXA DE PANDORA LATENTE. CONTAR E DAR VIDA AO QUE CONTÉN, SUPÓN A ÚNICA VÍA DE ESCAPE DOS TOTALITARISMOS QUE OS OPRIMEN. UN XEITO DE SOBREVIVIR NUN REINO MILITARIZADO SEN TRAZAS DE LÓXICA HUMANÍSTICA. NUN CONTEXTO AO QUE NON PERTENCEN, NUN REINO QUE NON É DO SEU MUNDO.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura de Bertamiráns
Duración: 
85 MINUTOS
Funcións: 
Venres, 6 de Marzo de 2020 21:00
Prezo das entradas
Prezos: 
5€
Puntos de venda
Información da billeteira: 

2020-03-06 - 21:00:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

De interese
Venda de entradas na billeteira electrónica en concellodeames.gal ata dúas horas antes da función. O 10 % do aforo do auditorio poderá mercarse na Casa da Cultura desde unha hora antes do comezo da función. Entrada reducida para maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné. Máximo 4 entradas por persoas.