A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR

Evento cultural finalizado
Teatro
21-04-2017
Dirixido a público:
Infantil
A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR.jpg

A Nena que Quería Navegar é un proxecto destinado a un público familiar, principalmente infantil de entre seis e doce anos. Nel tratamos un tema que nos preocupa e desacouga a partes iguais, e que tristemente cada pouco acapara as portadas de todos os xornais. Este tema é o acoso escolar, tamén coñecido co termo anglosaxón “bullying”.

A NENA ESTÁ FARTA DE SER O CENTRO DAS MOFAS DOS SEUS COMPAÑEIROS, E POR ISO FOXE DA ESCOLA COA INTENCIÓN DE NON VOLVER NUNCA MÁIS. NA SÚA AVENTURA TOPARÁ CO XEADEIRO, UN SER MÁXICO E VITAL, QUE A BASE DE CONTOS, ADIVIÑANZAS, XOGOS E CANCIÓNS, DEVOLVERALLE A AUTOESTIMA PERDIDA. ENSINARALLE QUE DENTRO DE CADA UN DE NÓS AGÓCHASE UN SER MÁXICO, ÚNICO E ESPECIAL, E QUE SÓ CRENDO NAS NOSAS CAPACIDADES SEREMOS QUEN DE ACADAR TODO O QUE NOS PROPOÑAMOS.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura de Bertamiráns
Duración: 
50 MINUTOS
Funcións: 
Venres, 21 de Abril de 2017 18:00
Prezo das entradas
Prezos: 
4€
Puntos de venda
Información da billeteira: 

2017-04-21 - 18:00:
REDUCIDA: Desde 2,00 € hasta 2,00 €
XERAL: Desde 4,00 € hasta 4,00 €

De interese
Venda de entradas en concellodeames.gal ata dúas horas antes da función ou na billeteira unha hora antes do comezo da función. Entrada reducida para maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné. Máximo 4 entradas por persoas.