LUPPO - Baobab Teatro SL

Teatro
04-03-2016
Dirixido a público:
Infantil
Lugar do espectáculo:
Casa da Cultura do Milladoiro
Evento cultural finalizado
LUPPO.jpg

“LUPPO”  conta unha historia de sentimentos e emocións e é un espectáculo que fala do ciclo da vida, do apego coas persoas, da relación cos nosos veciños, da importancia das historias que construímos ao longo da nosa vida.

Luppo é un home maior que vive só e todos os días ás 12 en punto da mañá acende o seu gramófono para escoitar ópera, todos os días a mesma canción. Luppo ten un amigo, Tulún, un neno de 5 anos que todos os días ás 12 da mañá vaino visitar e lévalle pan, leite e o seu xornal. Luppo cóntalle historias fascinantes da súa vida, segredos que agocha no seu gramófono…  Un día Tulún chega a casa de Luppo e este non está. Luppo fala do que botamos en falta a un ser querido cando emprende a súa última viaxe e a sorte que tivemos de telos coñecido.

Luppo é un espectáculo pensado para pequenos, a partir de 4 anos e para adultos. É un proxecto impecable, tanto na súa estética, o seu guión, como na súa osta en escena que non deixará indiferente a quen o vexa.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura do Milladoiro
Duración: 
50
Funcións: 
Venres, 4 de Marzo de 2016 18:30
Prezo das entradas e puntos de venda
Prezos: 
4€
Información da billeteira: 

XERAL: 4€

REDUCIDA: 2€

VENDA DE ENTRADAS: En liña en concellodeames.gal ata dúas horas do comezo da función. Ou na taquilla unha hora antes do comezo da función.

Share