GÜELA-GÜELA

Evento cultural finalizado
Teatro
17-02-2017
Dirixido a público:
Infantil
Güela- güela.peg_.jpeg

Historia cargada de diversión, humor e música, que realza a importancia da amizade, a solidariedade e a familia pero sobre todo, o importante que é voar sempre en grupo e nunca só, para protexernos dos perigos que nos podemos atopar.

DESDE SEMPRE, A MISIÓN DAS CEGOÑAS FOI A DE LEVAR OS BEBÉS RECENTEMENTE NACIDOS AOS BRAZOS DOS SEUS PAIS, VOANDO SEMPRE EN GRUPOS OU BANDADAS. PRA ISO, FORON DOTADAS DUNS PICOS LONGOS E FORTES, UNHAS ÁS GRANDES E PODEROSAS E UNHA FORMA DE VOAR ELEGANTE E FIRME QUE LLES FAI PODER PERCORRER GRANDES DISTANCIAS ATA CHEGAR AOS SEUS DESTINOS. PERO UN DÍA, GÜILLY, UNHA PEQUENA CEGOÑA, DECIDIU QUE XA ERA MAIOR PARA LEVAR UN HATILLO CUN BEBÉ AOS SEUS PAIS, O CAL, AO TER O PICO CORTIÑO, AS ÁS PEQUENAS, PERO SOBRE TODO, AO SER AÍNDA PEQUENO E NON PODER SEGUIR O RITMO DE VOO, A NEGATIVA DA COMUNIDADE DAS CEGOÑAS FOI UNÁNIME. AÍNDA QUE UN DÍA, SEN SABER MOI BEN COMO, AS CEGOÑAS ADULTAS ESQUECÉRONSE UN HATILLO CUN BEBÉ MOI PECULIAR.QUE PASARÁ A PARTIR DE AQUÍ?, QUEN LEVARÁ A ESE BEBÉ ATÉ OS SEUS PAIS?...

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura do Milladoiro
Duración: 
45 MINUTOS
Funcións: 
Venres, 17 de Febreiro de 2017 18:00
Prezo das entradas
Prezos: 
4€
Puntos de venda
Información da billeteira: 

2017-02-17 - 18:00:
REDUCIDA: Desde 2,00 € hasta 2,00 €
XERAL: Desde 4,00 € hasta 4,00 €

De interese
Venda de entradas en concellodeames.gal ata dúas horas antes da función ou na billeteira unha hora antes do comezo da función. Entrada reducida para maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné. Máximo 4 entradas por persoas.