EROSKI PARAÍSO

Teatro
11-11-2016
Dirixido a público:
Adulto
Lugar do espectáculo:
Casa da Cultura de Bertamiráns
Evento cultural finalizado
EROSKI PARAISO.jpg

Trátase dun proxecto escénico construído sobre a promesa dun paraíso social feita por un Estado de Benestar que agora se desmorona. O paraíso prometido era en realidade un gran hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de márketing que se usan para influir nas decisións de compra dos comsumidores.

EROSKI PARAÍSO É A HISTORIA DE ALGUÉN QUE NON PAROU EN NINGURES PARA VOLVER AO MESMO PUNTO DE PARTIDA, COMO SE TIVESE ESTADO PARADA EXACTAMENTE NO MESMO LUGAR MENTRES TODO SE TRANSFORMABA AO SEU ARREDOR. UNHA MANEIRA COMA CALQUERA OUTRA DE RETRATAR O DESARRAIGO QUE ARRASTROU A UNHA PARTE DA NOSA SOCIEDADE FÓRA DA SÚA CASA, DA SÚA PAISAXE, DA SÚA FALA, DOS SEUS COSTUMES, DOS SEUS AFECTOS, DA SÚA COMUNIDADE DE ORIXE E DA SÚA PROPIA MEMORIA.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura de Bertamiráns
Duración: 
90 MINUTOS
Funcións: 
Venres, 11 de Novembro de 2016 21:00
Prezo das entradas e puntos de venda
Prezos: 
5€
Información da billeteira: 

2016-11-11 - 21:00:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

Share