ENTRESOÑOS

EVENTO CULTURAL EN CARTELEIRA
FRAN SIEIRA- COMPAÑÍA DE DANZA
Danza
24-04-2020
entresoños.jpg

ENTRESOÑOS É UNHA OBRA DE BAILE TRADICIONAL GALEGO NO MARCO DA DANZA CONTEMPORÁNEA. CUN ELENCO ARTÍSTICO DE 3 BAILADORES/CANTADORES: FRAN SIEIRA, AIDA TARRÍO E XISCO FEIJOÓ, AO SON DA MÚSICA DO COMPOSITOR E MÚSICO MULTIDISCIPLINAR ANXO PINTOS, TODO ISTO DENTRO DE UN MARCO ESCÉNICO DISEÑADO POR VANESA HERNÁNDEZ (ESCENOGRAFÍA) E LUIS PERDIGUERO ( ILUMINACIÓN), E VESTIARIO DESEÑADO POR ALESSIO MELONI, E DENDE UNHA VISIÓN CONTEMPORÁNEA A TRAVÉS DOS OLLOS DO DIRECTOR ARTÍSTICO DAVID VILARIÑO (BAILARÍN CONTEMPORÁNEO E COREÓGRAFO). DESTE XEITO PODEREMOS VER EN ESCEA A FIGURA DUNHA PERSOA DEITADA COMO SI NUNHA CAMA SE TRATASE INMERSA NUN PROFUNDO SOÑO. PERO LONXE DE CONSEGUILO É INVADIDA POR MILLEIROS DE PENSAMENTOS E INQUIETUDES. DENTRO DOS SEUS SOÑOS COBRA VIDA ESA VALENTÍA POR CONSEGUIR TODO O QUE SE PROPOÑA, PERO TAMÉN ÁS SÚAS DEBILIDADES, MEDOS E FRUSTRACCIÓNS.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura do Milladoiro
Duración: 
65 MINUTOS
Funcións: 
Venres, 24 de Abril de 2020 21:00
Prezo das entradas
Prezos: 
5€
Puntos de venda
Información da billeteira: 

2020-04-24 - 21:00:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

De interese
Venda de entradas na billeteira electrónica en concellodeames.gal ata dúas horas antes da función. O 10 % do aforo do auditorio poderá mercarse na Casa da Cultura desde unha hora antes do comezo da función. Entrada reducida para maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné. Máximo 4 entradas por persoas.