DA AVARICIA, A LUXURIA E A MORTE

EVENTO CULTURAL EN CARTELEIRA
TEATRO DO NOROESTE
Teatro
18-01-2019
Dirixido a público:
Adulto
da avaricia.jpg

EN “LIGAZÓN” A AVARICIA É UN COLAR QUE ENXOIA O ESPERTAR DO DESEXO ERÓTICO MÁIS PRIMARIO E ANIMAL, PERO SOBRE TODO É UN INMENSO E BRUTAL BERRO DE REAFIRMACIÓN DA PROPIEDADE DA MULLER SOBRE O SEU PROPIO CORPO. A CONFABULACIÓN DA RAPOSA E A VENTEIRA NON SERÁ QUEN DE AFOGAR A ANSIA DE EMANCIPACIÓN DUNHA MOZA COS SEUS OBXECTIVOS PERFECTAMENTE TRAZADOS. A NOITE, A LÚA, OS CANS, DELINEAN UN PACTO DE SANGUE QUE CONDUCIRÁ Á MORTE, MÁIS TAMÉN Á LIBERDADE. “A MOZA, CUN ACENO CRUEL QUE LLE CRISPA OS LABIOS E LLE AFÍA OS OLLOS, DÁ EN SE CHANTAR AS TESOURAS NA SÚA MAN, E ENTRAMENTRES OPRIME A BOCA DO MOZO COA PALMA ENSANGUENTADA.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura de Bertamiráns
Duración: 
90
Funcións: 
Venres, 18 de Xaneiro de 2019 21:00
Prezo das entradas
Prezos: 
5€
Puntos de venda
Información da billeteira: 

2019-01-18 - 21:00:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

De interese
Venda de entradas na billeteira electrónica en concellodeames.gal ata dúas horas antes da función. O 10 % do aforo do auditorio poderá mercarse na Casa da Cultura desde unha hora antes do comezo da función. Entrada reducida para maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné. Máximo 4 entradas por persoas.