BRINCA VAI! 2.0

EVENTO CULTURAL EN CARTELEIRA
Música
17-03-2017
Dirixido a público:
Infantil
BRINCA VAI.jpeg

Brinca Vai! 2.0 é un espectáculo musical e audiovisual baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, imaxes, videos, animacións, retransmisións en directo e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

NESTA OCASIÓN O MÚSICO E ACTOR PACO NOGUEIRAS E O ARTISTA AUDIOVISUAL XOSÉ MIGUEL SAGÜILLO COMBINAN A SÚA TECNOLOXÍA, APARATOS E INSTRUMENTOS NUNHA DIVERTIDÍSIMA VIAXE CHEA DE HUMOR, CORES, IMAXES, BAILE E CANCIÓNS. AS ALEGRÍAS, AS AMIZADES, OS LIBROS, A POESÍA, A ECOLOXÍA, AS FESTAS DO ANO (O MAGOSTO, O SAMAIN, O ENTROIDO, O NADAL) E O RESPECTO Á NOSA LINGUA SERÁN PARTE DA EQUIPAXE. UNHA FANTÁSTICA OPORTUNIDADE DE REGALAR OS OLLOS E AS ORELLAS, BRINCAR E PASALO BEN COS AMIGOS E AMIGAS NUN PARTICULAR CAMIÑO ONDE A MÚSICA E A IMAXE SOAN CON FORMA DE SORRISO. BRINCA VAI! 2.0 CONVÍRTESE NUN ESPECTÁCULO INTERACTIVO ONDE A MÚSICA COLLE FORMA E A IMAXE SOA MÁIS ALEGRE . BRINCA VAI! 2.0 VIAXARÁ ALÍ ONDE ALGUÉN QUEIRA CANTAR, RIR, BAILAR OU SIMPLEMENTE ESCOITAR COS OLLOS, AS MANS E ORELLAS BEN ABERTAS!

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura de Bertamiráns
Duración: 
60 MINUTOS
Funcións: 
Venres, 17 de Marzo de 2017 18:00
Prezo das entradas
Prezos: 
4€
Puntos de venda
Información da billeteira: 

2017-03-17 - 18:00:
REDUCIDA: Desde 2,00 € hasta 2,00 €
XERAL: Desde 4,00 € hasta 4,00 €

De interese
Venda de entradas en concellodeames.gal ata dúas horas antes da función ou na billeteira unha hora antes do comezo da función. Entrada reducida para maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné. Máximo 4 entradas por persoas