ANATOMÍA DUNHA SEREA

Evento cultural finalizado
GRUPO CHÉVERE
Teatro
22-03-2019
Dirixido a público:
Adulto
ANATOMIA DUNHA SEREA.jpg

Unha muller que leva no seu corpo a pegada da violencia obstétrica sufrida durante o embarazo e o parto, narra a súa historia dun xeito directo, aberto e autocrítico.

O TEMA CENTRAL DESTE TRABALLO É A VIOLENCIA OBSTÉTRICA. ENTÉNDESE POR VIOLENCIA OBSTÉTRICA CALQUERA ACCIÓN QUE PATOLOXICE OS PROCESOS REPRODUTIVOS NATURAIS E BIOLÓXICOS. EXPRÉSASE NUN TRATO DESHUMANIZADO POR PARTE DOS PROFESIONAIS DA SAÚDE, RELACIONADO CON TODO O PROCEDEMENTO QUE LEVA UN EMBARAZO E PARTO. DESTE NÚCLEO TEMÁTICO CENTRAL DERÍVANSE O RESTO DE TEMAS SUBXACENTES: A MEDICALIZACIÓN DA MATERNIDADE, A DESIGUALDADE DE XÉNERO, A CAPACIDADE DE DAR VIDA, A VIOLENCIA E A DOR NA CONTORNA SANITARIA, O DESMORONAMENTO DO SISTEMA DE SANIDADE PÚBLICA, OS TABÚS DA SOCIEDADE ACTUAL.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura do Milladoiro
Duración: 
75 MINUTOS
Funcións: 
Venres, 22 de Marzo de 2019 21:00
Prezo das entradas
Prezos: 
5€
Puntos de venda
Información da billeteira: 

2019-03-22 - 21:00:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

De interese
Venda de entradas na billeteira electrónica en concellodeames.gal ata dúas horas antes da función. O 10 % do aforo do auditorio poderá mercarse na Casa da Cultura desde unha hora antes do comezo da función. Entrada reducida para maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné. Máximo 4 entradas por persoas.