Presentación

Benvidos e benvidas á Billeteira Cultural do Concello de Ames!

Atópaste nun portal web dirixido a adquirir/comprar entradas dos eventos culturais que realiza o Concello de Ames nos auditorios do Milladoiro e Bertamiráns.

Esta nova plataforma tecnolóxica que pon en marcha a Área de Cultura do Concello de Ames busca acadar os seguintes obxectivos:

Por unha parte, permitir aos cidadáns adquiriren ou mercaren as entradas dos eventos culturais dun xeito áxil e seguro a través da Internet (https://abilleteira.concellodeames.gal). Porén, tamén se facilita a adquisición das entradas para os eventos culturais en formato presencial unha hora antes de cada actividade cultural que se realice nos auditorios de Milladoiro e Bertamiráns. 

Coa Billeteira Cultural do Concello de Ames conseguimos evitar colas no acceso aos diferentes eventos culturais que se organicen e xestionamos adecuadamente o seu aforo.

Animámoste a que te rexistres no portal web. O proceso de adquisición de entradas é moi sinxelo, a través dunha pasarela de pagamento seguro que mantén sempre a privacidade dos datos.

Grazas á Billeteira Cultural do Concello de Ames poderás levar as túas entradas no móbil e gozar das actividades culturais que organiza este Concello.